Música, cine e literatura para conmemorar as Letras Galegas en Noia

NOIA> A concellería de Cultura de Noia programou unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Darán comezo xa o venres 1inda que o acto central será o domingo 17 na alameda.

A semana das Letras celebrase en Noia cunha serie de actividades culturais que mesturan cine, música e literatura. Darán comezo o venres 15 coa proxección do filme Antes de Nos.

O domingo a xornada comezará cunha lembranza ós autores noieses homenaxeados nas letras Galegas en anos anteriores. O acto rematará cun repaso da obra de Begoña Caamaño a cargo de Serafín Marcos e a actuación de Jaitas Blues.

A partir das sete terá lugar a actuación do clown Peter Punk que dará paso ó espectáculo Cantares Atlánticos no Coliseo Noela.

As celebracións rematarán o sábado 23 co encontro de Corais. Trala conmemoración das Letras Galegas, a concellería de Cultura está xa inmersa na organización da Feira do Libro que se celebrará en Noia a finais de mes.