Porto do Son chama á concienciación cidadá para acabar co vertido de residuos

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son traballa intensamente para eliminar os vertedoiros incontrolados que proliferan no municipio. O departamento de Medio Ambiente lembra que ademais de dispoñer dun punto limpo, realizan a recollida a domicilio dos enseres previa solicitude.

Non se trata dun problema novo nin moito menos exclusivo de Porto do Son pero dende hai un tempo o concello está a rexistrar un incremento de vertedoiros de residuos en varios puntos do municipio.

Ademais da recollida periódica de enseres o concello pon a disposición da cidadanía un servizo de recollida puntual e o traslado ó punto limpo dos máis voluminosos.

Dende o departamento de Medio Ambiente están a realizar tamén numerosas campañas de concienciación, con especial presenza nas redes sociais para acabar con estas prácticas que supoñen un atentado contra a paisaxe e o medio ambienta así como un importante dano para a a imaxe turística do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí