As educadoras da escola infantil de Cambados vístense de amarelo na defensa dun ensino de calidade

CAMBADOS> Mércores de primavera amarela na Escola Infantil de Cambados. O centro súmase ás protestas que se están a desenvolver por todo o Estado para reivindicar melloras na calidade do ensino para o alumnado de 0 a 3 anos. Entre outras cousas, demandan unha baixada da ratio, recursos na atención á diversidade ou tempos para poder planificar o proxecto educativo do centro. Este xoves, xunto con compañeiras doutras escolas infantís de toda Galicia irán á folga. Tamén se concentrarán á tarde en Pontevedra.

O amarelo inunda estes días as escolas infantís de todo o Estado, como esta de Cambados. As traballadoras do centro sumáronse aos mércores de primavera amarela, unha campaña coa que reclaman melloras na calidade educativa para a rapazada de 0 a 3 anos.

Entre outras cousas, piden unha redución das ratios. Aquí traballan 12 educadoras e atenden 110 nenos e nenas.  

Esa é outra das súas reivindicacións: máis recursos na atención á diversidade. Ademais piden formación permanente, parella educativa e tamén horas destinadas á programación do seu proxecto educativo.

E, por suposto, mellorar as súas condicións laborais.

Ademais destes mércores de primavera amarela, ao que xa se veñen sumando dende hai unhas semanas este xoves á mañá irán á folga. Critican os servizos mínimos decretados pola Xunta.

Ademais á tarde, as educadoras desta escola infantil, xunto con compañeiras de centros de toda a contorna participarán en Pontevedra na concentración convocada ás 18:00 h baixo o lema ‘Dignidade para o 0-3’.