O conselleiro de Medio Rural destaca o proxecto de miradoiro do Pico Muralla

LOUSAME> O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou esta mañá o miradoiro do Pico Muralla, compartido polos concellos de Lousame e Rianxo. Alí puido comprobar o resultado dunha actuación realizada neste emprazamento, sufragada cunha subvención do Agader duns 40 mil euros, que permitiu a posta en valor deste espazo.

Acompañado polos alcaldes de Lousame e Rianxo, municipios que comparten este novo miradoiro, o titular de Medio Rural puido comprobar o resultado dos traballos levados a cabo na zona e que permitiron a súa construción. A obra foi posible en parte grazas a unha subvención do Agader duns corenta mil euros. José González destacou o resultado final do proxecto de cara a potenciar un espazo situado nun entorno natural protexido.

Os dous alcaldes, tanto a rexedora de Lousame coma o rexedor rianxeiro, destacaron tamén o proxecto que se converterá, segundo eles, nun dos principais recursos turísticos da zona.

Finalizada esta visita, o conselleiro trasladouse tamén ó  lugar de Xestoso para coñecer as instalacións da Sociedade Agraria de Transformación  Santa Lucía beneficiaria do programa de axudas de plans de mellora, incorporación de mozos á actividade agraria e de desenvolvemento de pequenas explotacións agropecuarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí