SANTIAGO> Representantes dos nove concellos implicados na oficialización do Camiño pola ría de Muros Noia promocionan este itinerario na Fairway de Santiago. A delimitación do trazado xa está en marcha e podería estar finalizada de cara ó verán.
Os concellos de Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Lousame, Ames, Brión, Rois e Santiago celebraron no marco da FAirway unha reunión da mesa de traballo para dar conta dos últimos avances para conseguir a oficialización do camiño xacobeo pola ría de Muros Noia.
A coordinadora do grupo, Teresa Villaverde, explicou que xa se ten entregado a documentación histórica ó Conselleiro de Cultura e seguen as conversas con Patrimonio para axilizar a emisión do informe sobre a historicidade do camiño. Así mesmo, xa están en marcha o proxecto de delimitación do trazado da ruta que podería estar finalizado de cara ó verán.
Por outra banda, Teresa Villaverde informou dunha recente reunión coa Travesía Náutica Xacobeo e anunciou novas xuntanzas no marco das iniciativas ‘Navega o Camiño’ e a ruta do ‘Cabaleiro das Cunchas’ co fin de formalizar un convenio que permitar canalizar as entradas náuticas de peregrinos pola ría para obter a compostelá.
Comments are closed.