O parquing do Centenario estrea o novo equipamento de control de acceso

RIBEIRA> O parquing do Centenario xa dispón dos novos sistemas de control de acceso.

Trátase dunha máis das melloras introducidas polo executivo local nas últimas semanas de cara a súa modernización, co que se busca mellorar o servizo.

A medida supuxo un investimento duns 160 mil euros.

Segundo informou o propio alcalde, aproveitouse a posta en marcha do novo equipamento informático para dar de baixa os permisos de estacionamento gratuíto dos que, dende hai anos, se beneficiaban persoal dos xulgados, policía local e corporación municipal.

Unha medida, que non sentou demasiado ben, pero que dende o Concello defenden para garantir un uso igualitario dos recursos municipais.