RIBEIRA> Acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvarez, a titular de Mar mantivo un encontro de traballo co patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría.
A xuntanza tiña coma principal finalidade analizar os últimos investimentos realizados no pósito e que contribuíron á mellora de equipamentos e servizos neste porto.
A Conselleira aproveitou tamén este encontro para recoller de primeira man as principais necesidades do pósito, entre as que se atopan a posta en marcha da aula usos múltiples e de formación ou a mellora da cuberta da nave de redeiras, entre outras.











