SOGAPS celebrará un concerto solidario en Ribeira

RIBEIRA> Arte e música fusionaranse nun espectáculo benéfico en favor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.Terá lugar o 23 de maio no auditorio municipal a cargo do grupo Boroa e o artista plástico David Cuence. O concerto vén pechar o proxecto educativo ‘Abrigo e Acubillo’ desenvolvido nos colexios de Artes e Olveira durante este curso.

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organiza, en colaboración co concello de Ribeira, un concerto solidario que porá o broche de ouro a un proxecto educativo desenvolvido este curso nos colexios de Artes e Olveira baixo o título ‘Abrigo e Acubillo’.

O concerto correrá a cargo da formación musical Boroa e o artista plástico David Cuence que ofrecerán un espectáculo único.

Tódolos fondos recadados irá destinado ó programa Vacacións en Paz para que os nenos dos campamentos de Tinduf poidan pasar o verán en Galicia. Inserto

Ademais da venda de entradas, a un prezo de tres euros, tamén é posible colaborar mercando rifas para o sorteo das colchas e das láminas realizadas no concerto.