Boiro solicitará a implantación dun Ciclo Superior de Hostalería

BOIRO> Boiro incrementará a súa oferta formativa. A corporación municipal aprobou por unanimidade a proposta para implantar un ciclo de hostalería no viveiro de empresas. Acordaron tamén a adaptación das ramas de formación profesional que se imparten no Instituto de Espiñeira ó tecido empresarial da comarca.

A corporación boirense aprobou por unanimidade a moción presentada por Ciudadanos na que propoñía a adaptación da oferta formativa ás posibilidades do mercado de traballo na comarca.

Tódolos grupos coincidiron na necesidade de apoiar esta proposta posto que Boiro dispón das instalacións idóneas para a formación en materia de hostalería, cociña e turismo.

Ademais de solicitar o ciclo de hostalería o grupo de goberno inicou que xa ten iniciado as xestións para ampliar a oferta formativa con novos ciclos de gran demanda profesional.

A Concelleira de Educación informou tamén dos trámites realizados para a posta en marcha dunha escola de idiomas no municipio.