Congalsa incorpora a confraría da Pobra e Cruz Vermella ós beneficiarios da súa andaina

A POBRA> Congalsa celebrará o domingo 24 de maio a décima edición da súa andaina solidaria. Este ano incorpora dúas novidades entre as entidades beneficiarias. A Confraría da Pobra e Cruz Vermella Ribeira súmanse a Cáritas e ICE Renovación.

Xa van alá dez anos dende que Congalsa puxera en marcha esta andaina solidaria, primeiro a nivel interno para empregados, e máis tarde aberto á cidadanía e ás entidades que quixeran sumares a este iniciativa que combina deporte, acción social e posta en valor do patrimonio.

Nesta décima edición serán 5 as entidade beneficiarias. A ICE Renovación, Cártias de Ribeira e do Caramiñal súmanse este ano a confraría da Pobra e a asemblea local da Cruz Vermella de Ribeira.

O percorrido, de preto de 10 quilómetros e baixa dificultade discorrerá por lugares emblemáticos do municipio, entroncando co Camiño A Orixe.  Os interesados en sumarse a esta andaina solidaria poden facer a súa inscrición ata o 21 de maio a través de deporticket.com nas modalidades individuais, familiar ou dorsal cero.

O día da proba deberán aportar tamén un quilo de alimentos non perecedoiros que se destinará ó banco de alimentos das entidades beneficiarias.  Polo momento hai máis de100 inscritos aínda que agardan superar os 300.