Boiro Novo organiza un acto informativo sobre o futuro das pensións

BOIRO> O martes ás sete da tarde, a deputada no Congreso Yolanda Díaz ofrecerá unha charla no Centro Social de Boiro. Xunto con representantes de diferentes plataformas informarán sobre o futuro das pensións. Ademais da organización deste acto, Boiro Novo presentará unha moción para o seu debate no pleno instando ó concello a demandar do goberno central unha revalorización das pensións correspondente á suba do IPC. Solicitan tamén a derogación do factor de sostibilidade que entrará en vigor en 2019 e que suporá unha nova perda de poder adquisitivo ó vincular o cálculo das pensións á esperanza de vida.