BOIRO> O executivo presentaralle ó resto de grupos a proposta de ubicalo na avenida da Constitución. O goberno municipal xa conta co respaldo dos comerciantes que dende hai tempo demandaban abandonar a actual ubicación na avenida de Avellaneda.
Se todo sae segundo o previsto, a corporación municipal aprobará mañá en pleno o traslado do actual mercadiño ambulante dos martes dende a avenida de Avellaneda á avenida da Constitución. Daríase cumprimento así a unha vella demanda dos vendedores que dende hai anos viñan solicitando o cambio. O rexedor mostrouse confiado en que a proposta vaia adiante, xa que beneficia a todos. A intención é que o traslado se produza xa na terceira semana de decembro, antes do Nadal.
Ademais de melloras no actual parquing soterrado do Concello, o traslado levará tamén aparellado diversos cambios no estacionamento da zona próxima ó lugar no que se instalará o mercadiño. As chuvias destas semanas están retrasando os labores de pintado dos novos espazos nos que pretende instalarse a zona azul.