POBRA> Por terra…pero principalmente por mar. Ducias de barcos, chegados dende diferentes portos da Arousa fixeron soar as súas buguinas ó concentrarse onte, primeiro de maio, no peirao da Pobra.
De fondo un conflito como o da mexilla que se mantén dende hai meses e para o que reclaman unha solución.
Nesta ocasión os bateeiros non estiveron sós, sumándose tamén ó acto de protesta outros representantes do sector, como é o caso dos cocedeiros e das propias fábricas, que enviaron os seus camións a participar na concentración.
Piden a retirada do decreto de 2019 e recuperar a xestión das zonas de mexilla.
Dende a Federación criticaron tamén a postura que está a manter no conflito a consellería do Mar, á que culpan de mentir sobre a xestión deste recurso.
Tamén aludiu á importancia do sector mexilloeiro do que viven directa ou indirectamente moitas familias, polo que cómpre chegar canto antes un entendemento.
Din que seguiran defendendo os seus intereses e que están abertos ó diálogo.