Os hostaleiros de Boiro súmanse ás protestas para reclamar un plan de rescate

RIBEIRA> Un cento de persoas acudiron á concentración convocada pola hostalería de Boiro. Reclaman un plan de rescate con axudas directas para un sector que supón o redor do 30 % do PIB galego.

Ó igual que xa fixeran os hostaleiros de Ribeira, da Pobra e de Noia, os profesionais de Boiro saíron a pasada tarde á rúa para reclamar un plan de rescate para o sector. Apoiados por numerosos cidadáns protagonizaron unha sonora protesta ás portas da casa consistorial. Demandan axudas directas para o sector que, dende hai unha semana, permanece pechado pero leva xa meses traballando con moitas limitacións que impiden a súa rendibilidade.

Non entenden a razón pola que se responsabilizada á hostalería,  unha actividade que supón un 30 por cento do PIB na nosa comunidade.

Esa é a súa intención, seguir na rúa posto que anuncian xa novas protestas por tódolos concellos que culminará cunha gran manifestación en Compostela prevista para o mes de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí