O Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva

O PORTO DO SON> O Real Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva. O presidente José Codesido deu a coñecer os nomes das persoas que o acompañarán nesta singradura na que  destacan antigos membros con gran experiencia e novas incorporacións.

Nove directivos integran a xunta que colle as rendas do Club Náutico de Portosín liderada polo presidente José Codesido López. quen destacou o papel desta entidade que mira cara o futuro con numerosos retos.Inserto

O segundo de a bordo será Fernando González que asume a vicepresidencia coa experiencia herdada do seu papel como presidente da entidade, exercido entre os anos 2010 e 2016. Completan a lista o avogado Juan Concheiro como secretario e asesor xurídico, Miguel Reboreda que exercerá de comodoro e Ana Marínez como tesoureira. As vogalías serán ocupadas por Marcos Fernández como responsable da escola de vela, Xaquñin Fernández que asumirá os albores de comunicación, Pablo Reboreda, vogal de eventos e tenda náutica e Pablo Oliver, responsable de pádel, ximnasio e apoio en eventos sociais.

Ademais da presentación da directiva, o acto servía para inaugurar o novo servizo de hostalería e restauración que baixo o nome de Salitre ofrecerá unha proposta gastronómica baseada no produto local e na cociña sinxela e ben elaborada.