O incremento dos niveis da toxina pon en xaque a continuidade da campaña marisqueira

NOIA> Á espera dos resultados das últimas análises hoxe os produtores sairon a traballar na zona 3. A toxina afecta xa a unha das tres zonas coas que conta a confraría noiesa. Nesta xornada os mariscadores sairon a traballar na zona 3, aínda que o repunte dos niveis de toxicidade detectado nas últimas análises realizadas, tanto polo Intecmar como tamén polo laboratorio privado contratado polo pósito, pon en serio risco a continuidade da actividade nos próximos días. O mapa do estado dos moluscos infaunais do Intecmar aínda non recollía a presenza da toxina nesa zona de traballo, peri si mantiña pechados os catro polígonos de bateas existentes na ría de Muros-Noia. Con todo o pósito noiés mantén a súa idea de prolongar a campaña ata o próximo 19 de abril, tras os bos resultados que se están a dar, con prezos moi altos para a altura de tempada na que nos atopamos.