BOIRO> Nova iniciativa solidaria en Boiro onde a Asociación Española contra o cancro celebrará unha andaina o domingo día 21. A entidade e o concello animan á cidadanía a sumarse a esta proba que ten por obxectivo seguir a recadar fondos para a investigación.
Xa está aberto o prazo para inscribirse nunha nova edición de En marcha contra o cancro, a andaina que organiza cada ano a xunta local da AECC en colaboración co concello de Boiro. Será o 21 de xuño con saída a partir das 11 da mañá dende a praza de Galicia.
Ademais destes puntos de venda., a asociación instalará mesas informativas os martes e os sábados na rúa peonil. O custo da inscrición é de 8 euros para adultos e 5 para nenos.











