Porto do Son axiliza a licitación da obra pública para reactivar a economía

PORTO DO SON> O concello de Porto do Son axilizou os trámites para licitar numerosas obras que permitan a recuperación da economía local. Son actuacións cun importe global que supera os catrocentos mil euros.

Tamén se retomarán as obras xa adxudicadas que se viron paralizadas pola declaración do estado de alarma próximas ó millón de euros de investimento financiadas tanto pola Deputación da Coruña como con fondos propios do concello.

O alcalde quixo agradecer o gran labor dos servizos técnicos do concello que durante esta época de paralización administrativa traballaron a reo para poder realizar as contratacións e reactivar a obra pública no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí