NOIA> Os praceiros do mercado de Noia piden ó concello que axilice os trámites para retomar as obras de reforma da instalación. Os traballos permanecen traballos ocasionando numerosas molestias a usuarios e traballadores, especialmente ós propietarios dos postos que tiveron que se reubicados.
Os propietarios dos postos da praza de abastos de Noia levan meses reclamando a finalización das obras de reforma no recinto. Os traballos, iniciados no ano 2022, sufriron retrasos por mor dun modificado do proxecto. Sen embargo, entenden os afectados que xa deberían estar rematados.
Os principais afectados son os postos que tiveron que ser reubicados durante as obras e que, a día de hoxe, permanecen aínda nos seus emprazamentos temporais. É o caso dunha froiteira, que na actualidade vende nun dos corredores, sen cámara frigorífica nin outros servizos necesarios para desenvolver a súa actividade.+
Outros problemas derivados da actuación son as filtracións de auga que aínda persisten en varias zonas así como o risco para a seguridade que supón a instalación eléctrica aínda sen canalizar.+
Á paralización das obras súmase a falla de planificación posto que denuncian que boa parte das instalacións non son funcionais. Entenden que antes de acometer unha reforma tan grande, cun investimento de máis dun millón de euros, deberían terse reunido cos traballadores para coñecer as súas necesidades.+
Os praceiros xa transmitiron as súas demandas ó concello, sen éxito. Piden que deixen de dar escusas e axilicen os trámites para retomar e finalizar, por fin, as obras.











