Entra en funcionamento o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Noia

NOIA> O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega tamén esta mañá en Noia dun novo vehículo de emerxencias. Trátase dun camión antiincendios que pasará a formar parte do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, que hoxe entraba tamén en servizo.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá ata o concello de Noia para facer entrega dun camión antiincendios que pasará a formar parte do parque móbil do Grupo de Emerxencias Municipal. O novo vehículo supuxo un investimento duns120 mil euros.

A entrega do vehículo coincide tamén coa posta en funcionamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal que prestará servizo ós concellos de Noia, Lousame e Porto do Son. Un feito que destacou o propio alcalde, Santiago Freire, xa que permitirá a mellora da prestación dun servizo tan importante como é o das emerxencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí