Noia continúa coa súa ampla oferta lúdica do verán co ‘Noia Jazz’

NOIA> A cita musical, que chega este ano á súa décimo segunda edición, celebrarase os días 14 e 15 de agosto. Destaca a presenza do prestixioso Perico Sambeat. O artista internacional de jazz máis importante de España.

A vila noiesa volverá a ser referente da música do jazz, como o vén facendo nos últimos once anos. Da man do músico local, Kin García, verdadeiro alma mater deste evento, e coa organización da concellería de Cultura, a cita, unha das máis importantes das que se celebran en todo o territorio nacional, terá lugar os días 14 e 15 deste mes de agosto.

Coma prato forte nesta edición, destaca o concerto de Perico Sambeat. O artista internacional de jazz máis importante de España. Será o sábado 15 a partir das dez da noite na praza da Constitución.

Un día antes subirase ó escenario a música valenciana Olaya Alcázar que ofrecerá un concerto no que se mesturan ámbitos do pop, neo-soul e R&B con toques de smooth Jazz.

Os protocolos sanitarios establecidos limitarán a capacidade da praza na que se desenvolverá o festival. A concellería de Cultura informará nos próximos días a través das súas propias redes sociais da forma de poder retirar as invitacións para asistir ós concertos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí