Marlon Velasco deixa o Noia Portus Apostoli

NOIA> Día triste para a familia do Noia Portus Apostoli.

O adestrador do primeiro equipo, Marlon Velasco, non seguirá á fronte do equipo a vindeira temporada, e rescindirá o contrato que o vinculaban ó club noiés por dúas temporadas máis.

O director técnico do equipo, Javi Barreiro, foi o encargado de anunciar a marcha do técnico catalán, ó que agradeceu todo o traballo e esforzo realizado para levar ó conxunto noiés ó lugar no que está hoxe.

Na súa intervención Marlon Velasco agradeceu a aposta que o Club fixo nel en 2018, nun momento difícil na que o Noia loitaba para evitar o descenso.

A partir de aí todos coñecen a historia con dúas  Copas de Galicia, dous campionatos de liga Segunda División e un ascenso á Primeira División Nacional no seu haber.

O destino de Marlos Velasco será o Kairat Almaty, de Kazajistán, que xa anunciou a contratación do técnico catalán para as dúas próximas temporadas con opción de unha máis.

Pola súa banda a dirección técnica do Noia Portus Apostoli xa busca novo técnico, cuxo nome agarda poder dar a coñecer nas próximas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí