RIANXO> O éxito da primeira edición da Gadiator Kids celebrada o pasado ano en Rianxo levou á organización a deseñar esta nova cita, que terá lugar xa este vindeiro sábado 17 de outubro, a partir das catro e media da tarde.
Trátase dunha carreira de obstáculos de carácter lúdico e non competitivo dirixida a nenos de entre 3 e 12 anos.
O obxectivo é que os máis pequenos gocen da actividade física nun ambiente familiar, con percorridos adaptados á súa idade.
Pero ademais da actividade física, a cita terá un carácter solidario, xa que todo o recadado na proba a través das inscricións irá destinado á asemblea local da Cruz Vermella.
–inserto
O pasado ano, grazas tamén ó apoio de Banco Mediolanum e do seu proxecto Mediolanum Aproxima, lográronse recadar uns 7.200 euros que se destinaron a Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
As 300 prazas dispoñibles xa están practicamente esgotadas. Aínda así os interesados poden obter máis informació ou realizar a súa inscrición en www.gladiatorraceoficial.com.











