A escola infantil de Ribeira aposta por pedagoxías activas para estimular a creatividade

RIBEIRA> A escola infantil de Ribeira aposta por novos métodos pedagóxicos nos que cobra protagonismo a experimentación dos cativos a través de materias naturais e de refugallo. O concello de Ribeira colabora cunha dotación económica para a adquisición destes novos equipamentos.

A aposta polas pedagoxías activas favorece a creatividade e experimentación dos cativos a través dos materiais de refugallo que as educadoras da escola infantil de Ribeira converten en espazos de xogo como este, no que os pequenos celebraron a festa de Nadal.

O concello de Ribeira colabora coa escola infantil destinando unha partida para a adquisición do material didáctico que permite aplicar este innovador sistema pedagóxico.

Cartón, madeira e demais elementos reciclados constituíron os base principal desta aldea de Nadal na que os pequenos e as súas familias pasárono en grande para dar a benvida ás festas.