Unha proposta de Amicos busca garantir o dereito ó voto das persoas con discapacidade

BOIRO> Un total de 134 mesas electorais dos 94 colexios do partido xudicial de Noia estarán adaptadas para o voto das persoas con discapacidade intelectual este próximo domingo 10 de novembro. Trátase dunha experiencia pioneira impulsada dende a asociación Amicos, que a Subdelegación do Goberno decidiu apoiar.

A proposta de Amicos, que busca garantir a participación e favorecer o acceso ó dereito ó voto das persoas con discapacidade, non é nova. A entidade xa desenvolveu un proxecto o pasado 26 de maio durante as eleccións municipais no colexio electoral situado na escola de Comoxo, en Boiro, onde votaron preto de medio cento de persoas con discapacidade intelectual.

É o caso de Marcelino, que ten pensado repetir experiencia este domingo. Segundo el é un paso máis, dun longo camiño que aínda está por mellorar..

Coa finalidade de acadar esa igualdade real, Amicos contará coa colaboración da Subdelegación do Goberno que asume o gasto da adaptación cognitiva das 137 mesas electorais existentes en todo o partido xudicial de Noia.

Está previsto que unhas sete mil persoas con discapacidade poidan exercer o seu dereito ó voto este próximo domingo no partido xudicial de Noia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí