Concluída a primeira fase da mellora da contorna do CEP Salustiano Rey Eiras

POBRA> O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a edil de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, comprobaron esta mañá o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas  na contorna do CEP Salustiano Rey Eiras. A actuación consistiu nunha reposición do firme e instalación de novas beirarrúas en varios tramos de varias rúas. Enmarcábase no Plan de Acción Social 2015 da Deputación da Coruña, cun custe de preto dos 37 mil euros.

Segundo explicaron esta intervención verase proximamente completada cunha segunda fase, neste caso adscrita ó POS 2015 que inclúe a rúa Antón Paz Míguez e unha zona de San Lázaro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí