O BNG de Boiro demanda máis prazas de aparcamento para motos e bicicletas

BOIRO> O BNG de Boiro propón a creación de prazas de estacionamento para motos e bicicletas. Sería unha das medidas para reducir os problemas de aparcamento no casco urbano así como para fomentar medios de transporte alternativos que reduzan a contaminación. Son moitas as ocasións nas que o BNG ten denunciado a  falla de aparcamento no casco urbano de Boiro solicitando, entre outras medidas, a apertura do parquing da Boqueira de Anegral ou a promoción do transporte público. Agora, aproveitando as obras das beirarrúas que se están a acometer en varias rúas do centro demandan a creación de prazas de aparcamento pra bicicletas e motocicletas.