PONTEVEDRA> Os profesionais dos nove PAC da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa non poden máis. Hoxe concentráronse ás portas do Hospital Provincial reclamando máis persoal e denunciando ás quendas de traballo abusivas ás que se enfrontan. Ademais, solicitan unhe reunión colectiva, pero a a xerencia da área sanitaria só está disposta a negociar de xeito individual con cada PAC.
Traballadores dos nove PAC da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés concentráronse esta mañá na escalinata do Hospital Provincial. Denuncian falta de persoal e quendas de traballo abusivas e incluso presións para que acepten os turnos voluntarios. Din que así non poden seguir e que estás condicións prexudícalles, ás súas familias, pero tamén a aqueles que precisan da súa atención.
Denuncian que hai traballadores que non teñen nin 12 hras de descanso, que traballan sen previsión de horarios ou que reciben chamadas incómodas para cubri-las quendas voluntarias.
Os traballadores esixen unha reunión colectiva, pero a xerencia só ofrece encontros individuais con cada PAC. Trala concentración, acabaron accedendo ao Provincial, co obxectivo de manter ese encontro coa xerencia. Unha reunión que hoxe tampouco tivo lugar, neste caso -din- porque a dirección non se atopaba no hospital.