MEIS> Conta atrás para as festas de San Bieito en Meis. A fin de semana grande será a do 11 e 12 de xullo, coa XXXIV Festa dos Callos. Pero a programación arranca xa este mesmo sábado, co sexto torneo de fútbol interparroquial e a primeira Festa da Xuventude do municipio. Ademais, o 4 de xullo terá lugar a Feira Labrega, na que se agarda a participación de case 40 postos.
Meis prepárase para gozar un ano máis das Festas de San Bieito. A fin de semana grande será a do 11 e 12 de xullo, pero antes hai outras moitas propostas. Por exemplo, este mesmo sábado. Primeiro co torneo de fútbol interparroquial.
Tamén o sábado, outra das novidades deste ano: a primeira Festa da Xuventude, grazas á colaboración da Cafetería Impacto.
A programación continúa o 4 de xullo coa Feira Labrega, na que se agardan case 40 postos. O 8 de xullo celebrarase o X Torneo de Xadrez Concello de Meis e xa o 10 de xullo, un novo showcooking de callos. Xa o sábado 11, festividade de San Bieito e San Cristovo.
E o domingo 12 de xullo, día grande coa Festa dos Callos. Tamén nesa xornada BTT dos Callos.
Haberá unha ruta curta de 35 km e unha longa de 46, cunha dificultade maior. O día antes farán tamén a terceira MiniBTT, unha das máis numerosas de Galicia, cuns 500 participantes.











