A asociación de hostaleiros de Vilagarcía celebra o concurso Mahou Tiraxe de Cañas

VILAGARCÍA> Richard Santamaría da Malquerida gaña o concurso Mahou tiraxe de cañas de Vilagarcía. No certame participaron 13 establecementos e completaron a final a Baldosa, o Madialeva e o Mezclum. A competición forma parte do programa do Destapa Vilagarcía.

O tradicional concurso Mahou tiraxe de cañas celebrouse na Praza de Galicia dentro do programa Destapa Vilagarcía. Nesta edición non participaron só os locais da ruta de tapas e calquera dos establecementos asociados a Ahituvi puido competir. Dos 13 participantes os finalistas foron a Baldosa, o Madialeva, o Mezclum e o campión, a Malquerida.

Para escoller ao gañador o xurado tivo en conta diferentes puntos de valoración como a técnica de tiraxe, os centímetros de espuma, a limpeza e uso da billa e a presentación.

Con este concurso, dende Ahituvi buscan achegar o seu traballo a cidadanía.

A asociación tamén valorou de xeito positivo a afluencia de público que presenciou a competición.

A ruta do Destapa Vilagarcía, que comezou o pasado venres, está a ter unha gran acollida e hoxe e mañá celebrará o día do tapeador con descontos nos petiscos.