O Salnés volve rexistrar uns datos excelentes de turismo con 155 mil pernoctacións en setembro

VILAGARCIA> 155 mil turistas pernoctaron no Salnés durante o mes de Setembro. O Big Data demostra que a comarca cada vez recibe máis visitantes fora da época estival. En canto ao turismo internacional, máis de 70 mil persoas pernoctaron no Salnés nos últimos catro meses.

Os datos cos que se analiza a visita de turistas, o chamado Big Data, demostra cada ano que o Salnés continúa crecendo en visitantes e aumentando a súa tempada alta. Este mes de setembro, a comarca rematou con 155 mil pernoctantes.

Desa cantidade, a maioría proveñen da propia provincia, da Coruña e de Madrid pero o turismo internacional non deixa de crecer. Nos últimos catro meses máis de 70 mil persoas se aloxaron no Salnés.

Estes datos tamén reflexan que a tempada alta no Salnés cada vez é máis ampla.

Estes reflexan o bo traballo que se está a facer dende a Mancomunidade do Salnés e dende os propios concellos.

Todos estes datos permiten ás administracións e ao sector privado establecer estratexias para aumentar a calidade da súa oferta e os seus beneficios.

Con estes datos sobre a mesa, o Salnés destaca como unha das principais potencias turísticas do norte de España, por riba de todas as cidades galegas e de todo o País Vasco. Con estas cifras dende a comarca piden máis apoios as admisnitracións competentes para mellorar os servizos e consolidar a calidade do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí