PONTEVEDRA> O Nadal chegou tamén á Garda Civil de Pontevedra. Dende hai sete anos, o axente Antonio Varela elabora un Belén nesta Comandancia. Un tradicional nacemento de 18 metros cadrados que está formado por máis de 140 pezas.
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra acolle estes días este incrible Belén. Un nacemento totalmente artesanal que foi elaborado polo axente Antonio Varela.
Nestas 140 pezas non falta ningún detalle. Dende as figuras máis populares, pasando por outras máis típicas de Galicia e rematando, como non podía ser doutro xeito, con este gran cuartel da Garda Civil.
O axente Antonio Varela pásase practicamente todo o ano elaborando todas estas pezas. Faino coa gran colaboración da súa muller. Cada Nadal, o nacemento ábrese a toda a cidadanía, así e todo, este ano con motivo da Covid non están permitidas as visitas.