PONTEVEDRA> Os taxistas de Pontevedra descubriron hoxe as últimas novidades en canto á mobilidade ecolóxica. Varios representantes deste sector acudiron a un evento automovilístico celebrado hoxe no concesionario de Renault. Nel, presentáronse diferentes vehículos ECO e outro adaptado a persoas con mobilidade reducida.
O concesionario de Renaul-Dacia Caetano Fórmula de Pontevedra acolleu hoxe un novo evento automovilístico. Un acto no que se presentaron as últimas novidades en canto á mobilidade ecolóxica. En concreto, tres vehículos destinados ao sector do taxi.
Ademais dos representantes do taxi, no acto estivo presente tamén o concelleiro Alberto Oubiña, que quixo poñer en valor a importancia de mercar vehículos ECO.
Caetano Fórmula anunciou hoxe novos descontos para o sector do taxi. Todos os taxistas galegos que queiran mercar un vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida contarán cun desconto exclusivo de 1.500 euros.