Guillermo Campos, elixido por Forbes como un dos 35 mellores xornalistas gastronómicos de España

PONTEVEDRA> O pontevedrés Guillermo Campos foi elixido como un dos 35 mellores xornalistas españois especializados en gastronomía. Un recoñecemento pola súa traxectoria profesional que foi entregado pola revista Tapas, unha publicación do grupo editorial de Forbes.

Guillermo Campos acaba de ser elixido como un dos 35 mellores xornalistas españois especializados en Gastronomía, o único galego en aparecer nesta lista. O ránking foi publicado pola revista Tapas, unha publicación do mesmo grupo editorial que Forbes. Campos foi seleccionado pola súa gran traxectoria profesional e por ser un dos grandes pioneiros do sector.

Guillermo Campos é o presidente de AGAXET e director-fundador da revista “Hostalería, Gastronomía & Turismo”. Unha publicación que naceu no ano 1995 e que actualmente é un referente en toda Galicia.

A pesar de que as novas xeracións contan con todos os recursos ao seu alcance e, a pesar de que a gastronomía vive actualmente un dos seus momentos máis álxidos, o certo é que Guillermo Campos bota en falla unha maior implicación dos máis mozos polo sector da gastronomía.

Con preocupación vive tamén este xornalista pontevedrés a situación actual tras a crise da Covid. Unha pandemia que afectou especialmente á hostalería e ao turismo. Por iso, Guillermo Campos cre que é fundamental a colaboración de toda a cidadanía para saír adiante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí