O aumento da demanda dos viños da DO Rías Baixas achéganse ao nivel de producción das adegas

PONTEVEDRA> A crecente demanda dos viños da DO Rías Baixas está preto de chegar ao nivel de produción das adegas. Dende o consello regulador sinalan que o sector atópase algo xusto para cubrir os pedidos pero que por agora no ten perigo de quedar sen reservar. Este aumento da demanda prodúcese grazas a vendimas como a de este ano, cualificada de excelente.

A pesar de todos os problemas aos que tiveron que facer fronte nos viñedos nesta ano, como xeadas e secas, a uva chegou en bo estado. Segundo o Consello Regulador o froito que chegou ás adegas é dunha calidade estupenda, en gran medida grazas ás choivas de principios de setembro. A cantidade estivo un pouco por debaixo do previsto pero o balance do consello regulador é moi positivo.

As condicións climatolóxicas alteran cada ano o ciclo do viñedo, casos como a seca deste ano son pouco habituais, o que obriga aos viticultores a adaptarse para poder manter a produción e a calidade da uva.

A calidade e a cantidade da uva tamén afectan ao prezo ao que se pagará o froito. Dende o consello regulador propoñen que os prezos sexan estables e xustos para o beneficio de ambas partes.

Precisamente este aumento da demanda dos viños da DO Rías Baixas levan as peticións a achegarse ao nivel de produción das adegas. O sector atópase algo xusto para cubrir as peticións pero por agora non hai perigo de quedar produtos.

Precisamente as adegas non deixa de comprar terreos para aumentar as súas producións. No último ano, os viñedos das compañías da DO Rías Baixas creceron en más de 100 hectáreas.