RIANXO> Os traballos de recuperación medioambiental levados a cabo nos últimos meses no entorno do litoral de Tanxil, que tiveron coma punto culminante a volta da Virxe da Guadalupe de Asorey ó seu enclave orixinal, fixeron que o Concello retomase un vello anhelo, como é a recuperación do dique.
Para levar adiante esta actuación, o Concello busca tamén a implicación doutras Administracións con competencias nesa zona, tanto o Goberno Central como o Goberno Autonómico, coas que xa se fixeron as primeiras consultas de cara a definición do proxecto a levar a cabo e buscar tamén o investimento necesario.











