Catro persoas detidas por furtos a empresas nos polígonos de Boiro e A Pobra

BOIRO> A Garda Civil detivo a catro persoas, tres veciños de Santiago e un de Ribeira, como posibles autoras de catro delitos de furto en empresas por valor duns 50 mil euros.

Segundo fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse tras as denuncias interpostas polos responsables de varias empresas asentadas nos polígonos industrias de Boiro e e Pobra do Caramiñal. Concretamente, denunciaron a subtracción de material para a fabricación de maquinaria industrial para a industria conserveira, revestimento de fachadas e tellados e armazóns metálicos.

Ademais da detención dos presuntos responsables dos furtos, os axentes lograron tamén a localización da maior parte dos efectos subtraídos.

Os prendidos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí