O CEIP de Escarabote xa é un colexio cardioprotexido

BOIRO> Dende hai unhas semanas conta cun desfibrilador semiautomático e o persoal docente do centro xa recibiu a formación necesaria para poder empregalo no caso de que sexa necesario. Dáse a circuntancia de que é o primeiro centro do municipio en dispoñer deste aparello.

Hai un ano aproximadamente, a ANPA do CEIP Escarabote, iniciou unha campaña para a compra dun desfribilador semiautomático para o centro. Fixérono grazas á venda das pulseiras solidarias dentro do Proxecto Salvavidas.

Pero chegou a pandemia, e a situación complicouse máis do agardado, polo que tiveron que facer outra nova chamada de apoio para conseguir os preto de 2.500 euros necesarios para poder compralo.

Hoxe xa dispoñen de desfibrilador, converténdose no primeiro colexio do municipio en dispoñer del. Ademais o persoal docente xa recibiu a formación para poder empregar estes dous aparellos en caso de que fose necesario.

Segundo os propios estudos médicos actuar cun desfibrilador nos primeiros cinco minutos aumenta en máis dun 70% as posibilidades de salvar unha vida…aínda que confiamos en que nunca se teña que empregar.