Detida unha empregada do fogar en Ribeira polo roubo de xoias en dúas vivendas

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira detivo a unha veciña da localidade, de 38 anos, coma presunta autora dun delito de furto en dúas vivendas.

Segundo informaron fontes policiais hai varias semanas interpuxéronse sendas denuncias na comisaría pola subtracción de diversas xoias valoradas en máis de seis mil euros.

Realizadas as investigacións oportunas, os axentes procederon á detención da muller que traballaba coma empregada do fogar nestas dúas casas.

Ó parecer, xa vendera as xoias nun establecemento de compra e venda deste tipo de artigos.

A detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de Garda e as xoias puideron ser recuperadas polos axentes e entregadas ós seus lexítimos propietarios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí