MEIS> Meis despide unha completa edición de Meusviños. As xornadas de autopromoción vitivinícola do municipio volveron contar co apoio do público, que encheu a feira durante esta fin de semana. 15 adegas asentadas no concello participaron neste sétima edición, na que tampouco faltaron outras actividades arredor do viño e a gastronomía.
15 adegas déronse cita esta fin de semana en Meusviños, as xornadas de autopromoción vitivinícola de Meis que celebraron este ano a súa sétima edición. Centos de persoas desfilaron ao longo das xornadas pola carpa instalada no campo da feira do Mosteiro, nun evento que busca darlle visibilidade ao sector vitivinícola do municipio.
No acto inaugural, a alcaldesa destacaba que máis alá da promoción do sector Meusviños serve para render homenaxe a todos os veciños e veciñas que traballan nel.
Na mesma liña, o pregoeiro desta edición. Carlos Carrión, presidente de Paco&Lola. Apuntou que a cooperativa ten o centro da súa actividade en Meaño, pero cunha fonda presenza en Meis, cun peso destacado dentro do sector.
Carrión puxo en valor o carácter familiar do sector vitivinícola en Meis, así como a súa proxección cara ao exterior, do mesmo xeito que o conxunto dos viños de Rías Baixas. Marcou como reto de futuro a continuidade dos proxectos nas vindeiras xeracións.
Meusviños contou durante todas as xornadas con propostas paralelas arredor do viño, como un concurso de cata amateur ou unha mesa redonda sobre o pasado, presente e futuro da DO. Todo arredor das 15 casetas instaladas no Mosteiro que, para a Denominación de Orixe Rías Baixas, representan o mellor do sector.
As xornadas contaron tamén con dous showcookings e distintas propostas musicais.











