O Salnés acariña os 4.000.000 de visitantes entre os meses de xuño e agosto

O SALNÉS> Case 750.000 turistas pernoctaron na comarca do Salnés entre os meses de xuño e agosto. Unha cifra que se eleva ata os case 4.000.000 se falamos de visitantes nos nove concellos. Son datos que se extraen dun informe de big data elaborado pola Mancomunidade, a través da xeolocalización de teléfonos móbiles. O organismo comarcal cualifica os datos de ‘extraordinarios’ e din que son o resultado do traballo conxunto das aministracións e o sector privado.

Vinte anos despois, a Mancomunidade do Salnés ten nas súas mans un minucioso informe sobre o turismo na comarca, que lle permite sabe-la posición actual e cara a onde se debe camiñar. Conta con datos de todo tipo, por concellos, recompilados dun estudo de big data de fluxos turísticos, grazas á xeolocalización dos teléfonos móbiles. Entre os meses de xuño e agosto, contabilizáronse case 750.000 turistas únicos que pernoctaron na comarca. Un dato que eleva ata os case 4.000.000, se falamos de visitantes.

Sanxenxo sitúase á cabeza da comarca, salientando o mes de agosto, cando contabilizou 152.000 turistas e case 550.000 visitantes.

Tamén bos datos noutros concellos, tradicionalmente con menos movemento turístico. É o Meaño, que acadou en agosto os 137.000 visitantes.

Ribadumia e Meis tamén manteñen o pulso, sumando en conxunto 118.000 visitantes. O alcalde ribadumiense defende que cómpre seguir apostando por unha estratería conxunta.

Unha opinión que tamén comparte a alcaldesa de Meis. A tamén presidenta da Mancomunidade do Salnés tamén convidou a reflexionar sobre o camiño a seguir para que a comarca ‘non morra de éxito’. Reivindicou que o turismo precisa tamén melloras en varios eidos, como no transporte.

A presidenta, por certo, lamentou a ausencia de Vilanova á presentación dos datos deste informe. O resto dos concellos que forma parte da Mancomunidade si estiveron presentes, na maioría dos casos, co alcalde á cabeza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí