MEIS> O concello de Meis premiará con 6 mil euros ao proxecto gañador do concurso de deseños para a rehabilitación da Casa de Parga. O proxecto deberá manter a estrutura actual do edificio así como as edificacións anexas. A casa converteras nun espazo social e cultural para a veciñanza de Meis.
Trala adquisición da parcela da Parga para construír o novo centro de saúde, o concello de Meis tamén quere darlle unha segunda vida á Casa Parga e as súas estruturas anexas. Para iso, o concello convoca un concurso de deseños para a rehabilitación da edificación.
O proxecto premiará con 6 mil euros ao mellor deseño, pero tamén recibirán unha compensación do segundo ao cuarto clasificado. O deseño debe incluír a remodelación da Casa Parga mantendo a súa estrutura e todas as edificacións anexas como o hórreo e o pombal.
O goberno de Meis quere converter a Casa Parga nun espazo cultural e social para toda a veciñanza.
O prazo para presentar os deseños será ata o día 31 de marzo. O gañador será elixido por un xurado. Tras asinar un convenio co colexio de arquitectos de Galicia, o xurado estará formado pola propia alcaldesa e catro arquitectos.