A Mancomunidade do Salnés recorrerá a invalidación da adhesión de Meis ao contrato do lixo

MEIS> A mancomunidade do Salnés recorrerá a sentenza do contencioso que invalida a adhesión de Meis ao contrato mancomunado do lixo. Marta Giráldez alegará que a empresa que presentou a denuncia non se presentou a concurso de Meis nin ao da mancoumunidade, co cal non ten lexitimidade para actuar no procedemento. A presidenta da mancomunidade e alcaldesa de Meis manda unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza asegurando que fixeron todo correctamente e que o servizo se manterá. Unha afirmación que non comparten dende o partido popular da vila, que a acusan de adherirse ao contrato de forma irregular e de actuar a dedo en beneficio da empresa adxudicataria.

O xulgado do contencioso administrativo fallou a favor da empresa Servizos dos Concellos Galegos que denunciaba a adhesión de Meis ao contrato mancomunado da recollida do lixo con Cambados en Vilanova. A sentenza permite recurso e a Mancomunidade alegará que a empresa non está lexitimada para actuar no proceso.

Segundo a presidenta, este é o motivo principal, pero o recurso inclúe máis alegacións cos que está segura que o servizo se seguirá prestando con normalidade.

A pesar da seguridade de Marta Giráldez, dende o PP de Meis non están conformes coas súas alegación e consideran que a alcaldesa actuou de forma irregular adheríndose a contrato mancomunado e non convocando un novo concurso.

Pola súa parte Marta Giráldez defende a súa xestión e sinala que o contrato anterior era totalmente fraudulento.

Os populares tamén culpan á socialista que este contrato novo custará preto de 400 mil euros máis aos veciños de Meis.

A alcaldesa alega que esta suba débese ás melloras do servizo.

Á marxe do recurso, dende a Mancomunidade anuncian que continuarán recorrendo en todas as instancias conscientes do seu bo facer. Mentres tanto o servizo continuará con total normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí