Abel Losada despídese do cargo de subdelegado do Goberno pedindo máis competencias para o posto

PONTEVEDRA> Abel Losada cesou hoxe como subdelegado do goberno en Pontevedra. O socialista presentou a súa renuncia formal para encabezar a lista do PSOE ao Congreso dos deputados pola provincia pontevedresa. Esta mañá ante os medios de comunicación fixo balance dos seus 34 meses no cargo. Pediu máis competencias para os subdelegados e fixo unha defensa do público, destacando a xestión feita en situacións de emerxencia durante o día do apagón ou as protestas de La Vuelta do ano pasado.

Onte presentou a súa renuncia, hoxe foi publicado o seu cese no Boletín Oficial do Estado e mañá solicitará a súa reincorporación como profesor na Universidade de Vigo. Esta mañá Abel Losada despedíase do cargo de subdelegado do Goberno en Pontevedra para encabezar a lista do Partido Socialista ao Congreso pola provincia.

Polo tanto hoxe foi xornada de balance dos 34 meses que exerceu como subdelegado. Losada puxo en valor a función pública, destacando o traballo dos funcionarios e do persoal laboral da Administración Xeral do Estado e das forzas e corpos de seguridade. Referiuse a xestión feita en situacións de emerxencia, como o día do apagón ou as protestas de La Vuelta do 2025.

Tamén se referiu Losada á reactivación das obras do nó de bombeiros, destacou o traballo feito na loita contra a violencia de xénero e situou á provincia entre as máis seguras do Estado, lamentando o impacto do narcotráfico na sociedade pontevedresa. Pediu ademais máis competencias para os subdelegados.

Losada asegurou que volvería a asumir o posto de subdelegado do goberno. Sobre o seu futuro mira agora cara o Congreso dos deputados, pendente do que suceda trala cita do 29 de novembro.