Pol Granch, Café Quijano, Los Brincos ou Bala pasarán por Pontevedra nas Festas da Peregrina

PONTEVEDRA> Xa sabiamos que o pregón será o 7 de agosto e que correrá a cargo de Violeta Mosquera, do grupo Bala. Pero hoxe o concello de Pontevedra deu a coñecer a programación ao completo. Durante dez días, entre o 6 e o 16 de agosto, a cidade acollerá actuacións diarias en catro escenarios, pensadas para todos os públicos. Que busca, sobre todo, ser un firme apoio ao sector da cultura.

Xa coñecemos a programación das Festas da Peregrina deste 2021, dez días que van ser moi intensos para a cidade.

Entre os días 6 e 16 de agosto haberá actuacións diarias. Pasarán por Pontevedra artistas como Pol Granch, Bejo, Sabela Susana Seivane, Budiño, Amaro Ferreiro, Café Quijano ou Los Brincos. Destaca a aposta polo local, con intérpretes como Cora Velasco, Gustavo Almeida ou o grupo da pregoeira, Bala.

As actividades repartiranse entre catro escenarios: a Praza do Concello, a da Ferrería, as Pistas de Campolongo e a Alameda. Este último acollerá as propostas infantís, todos os días ás 7 da tarde. Tamén haberá espectáculos de rúa, teatro, pasarrúas ou humor, como a actuación de Luis Piedrahita. Sempre garantindo en todos os casos a seguridade sanitaria.

No caso dos fogos artificiais, seguirase o sistema de ano pasado para evitar aglomeracións. Serán lanzamentos sorpresa, todos os días á medianoite, dende diferentes puntos da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí