BOIRO> Tras o inicio das obras, o alcalde, Xosé Ramón Romero, e o edil de Obras, Luís Ruíz, visitaban esta mañá a actuación que se está a levar a cabo no centro social de Cures para ver a marcha dos traballos.
As obras teñen coma principal finalidade a mellora da eficiencia enerxética do edificio. Así o proxecto contempla, entre outras actuacións, a substitución das carpinterías, o cambio da cuberta de fibrocemento e a mellora da envolvente e o falso teito con illamento térmico.
Dende o Concello destacaron a importancia desta actuación, que forma parte dun plan integral de acondicionamento progresivo da totalidade de centros sociais existentes no municipio.











