O Brea Segade implantará ‘Sintaxe’, un pioneiro sistema para esinar Gramática

RIANXO> O CEP Brea Segade de Rianxo converterase no primeiro de toda Galicia en implantar o método Sintaxe. Trátase dun sistema de aprendizaxe da gramática que xa se está a aplicar con éxito en Suíza.

Non só aprender gramática senón tamén comprendela. Con este obxectivo naceu Sintaxe, un sistema de aprendizaxe ideado por Emilio Neira, un rianxeiro afincado en Suíza que dende hai cinco anos traballa con este método nun colexio rural agrupado con grandes resultados. Agora, grazas á colaboración do concello de Rianxo que financiou a adaptación dos materiais ó galego comezará a aplicarse este curso no CEP Brea Segade.

Sintaxe componse de tres ramas con varias pezas que representan as nove clases gramaticais, as conxugacións verbais e as funcións que que permiten, dun xeito visual e intuitivo, conformar oracións.

Destaca especialmente o carácter inclusivo deste método xa que permite chegar a tódolos alumnos, incluso aqueles que presentan dificultades de aprendizaxe.

Para o desenvolvemento deste innovador proxecto, Emilio rodeuouse dun talentoso equipo multidisciplina do que forman parte, entre outros, Diana González, David Cuence, roberto Rama e Xiro Montero. A achega de cada nas áreas de pedagoxía, deseño gráfico, aplicación dixital e programación permitiu elaborar este innovador proxecto chamado a convertese nun referente na aprendizaxe da nosa lingua.