RIBEIRA> Transcorridos preto de dous meses da apertura da veda do polbo, o balance é do máis positivo. Aínda que é cedo para avaliar a campaña, as capturas na lonxa de Ribeira superan xa os cen mil quilos.
Tras un inicio espectacular, con moito polbo de gran calidade e moi boa facturación, as capturas comezaron a descender neste mes de agosto. É o normal na dinámica dunha campaña á que este ano se sumaron máis dun cento de embarcacións.
Aínda que as perspectivas son moi boas e auguran un outono moi rendible, dende a confraría de Ribeira prefiren ser cautos á hora de facer previsións a medio prazo.











