A Pobra conmemora o Día de Rosalía cunha ofrenda cívica

A POBRA> O concello sumouse tamén á conmemoración do Dia de Rosalía cunha ofrenda floral en homenaxe á escritora. A concelleira de Cultura dou lectura ó manifesto elaborado pola asociación de escritores en lingua galega co gallo desta data.

As gaitas do grupo Trécola puxeron a nota musical á homenaxe a Rosalía que celebrou, como cada ano, o concello da Pobra. Representantes da corporación e numerosos veciños participaron neste acto no que a Concelleira de Cultura deu lectura ó manifesto da asociación de escritores en lingua galega.

A continuación, as concelleiras realizaron a tradicional ofrenda cívica na praza Rosalia de Castro ó son do himno galego e visitaron a exposición de paneis sobre a vida da escritora instalada nos xardíns Valle-Inclán. Ademais dos actos institucionais, o concello desenvolveu durante todo o mes diversas actividades para conmemorar esta efeméride como o xogo de busca das sete rosalías en colaboración cos centros educativos e co comercio local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí