Os expertos recomendan retrasar os traballos de poda ata que se instale no Salnés o tempo outonal

O SALNÉS> Os  viñedos de Rías Baixas agardan a chegada do frío. Moitos viticultores comezaron xa a campaña de podas, aínda que case non comezou a caída da folla. Os expertos recomendan agardar un chisco máis para facer estes traballos. A falta de tempo outonal leva a moitos pequenos viticultores a tomar a decisión de iniciar xa estas tarefas para que non se lles bote o tempo enriba.

No calendario estamos xa case chegando ao mes de novembro, pero no meteorolóxico o outono está aínda comezando. Nos viñedos das Rías Baixas iso tradúcese nunha situación cada vez máis habitual nestes últimos anos: o retraso na caída da folla.

Esta situación leva a moitos viticultores, especialmente aos máis pequenos, a tomar a decisión de arrancar xa as tarefas de poda porque, senón o tempo bótaselles enriba.

Con todo, os expertos recomendan agardar un pouco máis para coller as tesoiras.

E de cara a eses traballos, e tendo en conta os cambios no clima e a incidencia cada vez maior das enfermidades na madeira, hai que poñer o foco na posta a punto da ferramenta.

O ideal para a viña sería que o tempo vaia enfriando nas vindeiras semanas e tamén que comece a chover. De ser así, o axeitado sería iniciar os traballos de poda a mediados do mes que vén.